Los vecinos de Chano junto con sus danzantes acompañan a la imagen de la Virgen de la Asunción hasta la puerta oeste donde son recibidos por el cura responsable del santuario.
Los de Peranzanes a Santa Eufemia, hasta la puerta este, recibidos asimismo por el cura del santuario donde está la Virgen de Trascastro patrona de Fornela. Forma parte de los rituales específicos que los de Chano y Peranzanes tratan de guardar celosamente.
“ (…) cada unha destas localidades ten unha danza, integrada exclusivamente por varóns novos, baixo a supervisión de dous chaconeros, e que actúan ó son da chifra, especie de frauta, e o tamboril. Todos os homes coñecen os pasos desta danza, incluso moitos fillos de fornelos que viven, e mesmo naceron, fóra do val, polo que calquera pode bailar se é preciso; algúns incluso o fan por unha oferta, e danzan descalzos sempre, tanto nas actuacións coma nos percorridos rituais. O monopolio da danza por parte dos varóns resulta ser algo tradicional en Fornela. De todas as maneiras, en Guímara, segundo indicamos, as mulleres conseguiron o dereito a incorporárense á danza na festa de San Bartolo hai máis de dez anos. No que se refire a Chan e Peranzais, un informe que recollemos de S. G., moza natural desta última localidade, todas as mulleres son capaces de actuar na danza e fixeron distintas tentativas de incorporarse a ela; pero sempre tropezaron coas normas tradicionais. Nun intento de compaxinar tradición con modernidade sen renunciar ó predominio masculino, díxoselles que podían facer a súa propia danza, pero non integrarse na habitual, algo que, como é lóxico, non supón unha renuncia ó privilexio (Peranzais, agosto 1999). As vellas tendencias dunha sociedade patrifocal, con predominio dos varóns na esfera ritual, tropeza con críticas dende novas perspectivas propias dun contexto no que os roles de homes e mulleres se van a modiño igualando, mais polo momento o monopolio dos varóns segue sendo preponderante.”
González Reboredo, X. M., Costa, L.; González, C. (2002) “Nos lindeiros da galeguidade: estudio antropolóxico do val de fornela : (etnohistoria, etnomusicoloxía, etnografía)” Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela; p. 272..
No hay comentarios:
Publicar un comentario